Eventos

Venres de Entroido en Xinzo de Limia

O Venres de Entroido en Xinzo de Limia comezará co desfile infantil que terá lugar pola mañá e rematará ben entrada a noite cunha gran festa de DJ’s.

Chegan os días máis importantes do Entroido en Xinzo de Limia e comezan con espectáculos infantil e moita música.

Venres de Entroido en Xinzo de Limia

Os máis cativos gozarán pola mañá do Gran desfile infantil onde terán acompañamento musical de cinco charangas. Pola tarde, estes pequenos e pequenas poderán gozar co espectáculo «Desembarco Pirata».

Xa entrada a noite, dúas charangas farán o primeiro pase para que a xente quente o corpo e dar paso á festa de DJ’s que terá lugar na Praza Maior a partir da media noite.

Programa do venres de Entroido

  • 11:30h – Gran desfile infantil coas charangas Cucu Band, Achicoria, El tattoo, Bande e Castro Vello
  • 18h – Animación infantil con troula Animación e o seu espectáculo «Desembarco Pirata».
  • 22h – Charanga Cucu Band
  • 23h – Charanga Achicoria
  • 00h – Set Dj’s na Praza Maior
    • Pablo Marques
    • Zoe Rey
    • Groove Amigos
    • Lethx Sound

Botón volver arriba