Noticias

Ribeiro en Común pide de novo a axuda da Deputación

Ribeiro en Común pide de novo a axuda da Deputación para financiar o cambio da pista do Pavillón de Ribadavia, proxecto pendente desde 2019.

O Grupo municipal de Ribeiro en Común solicitou no Consello Municipal de Deportes que se solicite unha vez máis a colaboración da institución provincial.

Ribeiro en Común pide de novo a axuda da Deputación

A pesares de presentar na Deputación no ano 2019 a memoria técnica para a renovación da pista, a Deputación non concedeu ningunha partida orzamentaria para esta finalidade. Dende Ribeiro en Común critican que a Deputación aprobase numerosas subvencións e non incluíse o proxecto para o Pavillón.

Ribeiro en Común pide de novo a axuda da Deputación

O 7 de marzo, a xunta de goberno da institución provincial aprobaba unha partida de 490.000 euros para diversas iniciativas municipais de mellora de infraestruturas. Tamén aprobaba os orzamentos de 2023 sen contemplar esta partida orzamentaria nin a incluía na recentemente aprobada modificación orzamentaria de 20 millóns de euros.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.