Germán García-Ávila será o candidato socialista en Viana do Bolo nas eleccións municipais que terán lugar o 28 de maio.
A candidatura de García-Ávila preséntase apostando polo «diálogo» e por impulsar políticas «esenciais para reter e fixar poboación«.
Germán García-Ávila será o candidato socialista en Viana do Bolo
A construción dun centro de día nun solar cedido polo bispado e un aparcadoiro nunha finxa próxima á praza maior son algúns dos proxectos para o próximo mandato. «Pretendemos dinamizar cultural e economicamente a bisbarra», indica García-Ávila.
Un dos elementos que queren aproveitar para este fin é o encoro. «Queremos converter o encoro, no principal lugar de lecer para os nosos maiores e implantar actividades deportivas».