Está a piques de rematar o prazo para anotarse á Andaina solidaria que organiza o concello de Amoeiro este domingo, 7 de maio.
Amoeiro organiza un ano máis unha andaina Popular. Esta cita deportiva leva aparellada unha campaña solidaria con Aldeas Infantiles como receptora das doazóns recadadas.
Andaina solidaria en Amoeiro
O prazo para realizar a inscrición de forma presencial remataba hoxe e continúa aberta ata o xoves, 4 de maio, a inscrición online. O prezo da inscrición para participar neste evento é de 7€ + 1€ de donativo.
Todos os inscritos recibirán bebida e comida nos puntos de avituallamento que disporá a organización ó longo do percorrido. Esta andaina terá dúas modalidades, unha curta de 2,5 km e unha longa de 22 km.