Noticias

Agustín Gómez liderará a candidatura do BNG en Amoeiro

A elección de Agustín Gómez como candidato do BNG á Alcaldía de Amoeiro marca a folla de ruta da formación para as municipais de maio de 2027.

O candidato agradeceu o apoio recibido e asegurou que asume o reto “con moita ilusión e moitas ganas de traballar a prol da veciñanza de Amoeiro”.

Agustín Gómez liderará a candidatura do BNG en Amoeiro

O deputado Iago Tabarés destacou “o compromiso social e político” do candidato e da agrupación local, mentres que Cristina Pulido puxo en valor o proceso de renovación interna que culminou coa súa designación.

Agustín Gómez liderará a candidatura do BNG en Amoeiro
Foto: BNG

Gómez avanzou que o BNG centrará o seu traballo en mellorar servizos como a atención ás persoas maiores, a conciliación, a prevención de incendios e o transporte. Tamén criticou a falta de impulso institucional na divulgación da figura de Ramón Otero Pedrayo.

Botón volver arriba