Tamara Montero recibiu o premio de Xornalismo «Xosé Aurelio Carracedo que convoca a Deputación de Ourense e que no ano 2023 chegou á súa 32ª edición.
O acto de entrega do galardón tivo lugar no Salón de Plenos da Deputación de Ourense e contou coa presenza de Rosendo Fernández, vicepresidente da institución, e Patricia Torres, deputada responsable de cultura.
Tamara Montero recibiu o premio «Xosé Aurelio Carracedo»
O artigo co que Tamara Montero gañou este premio foi publicado no xornal La Voz de Galicia o 22 de setembro de 2021 baixo o título de «Casaio, a cartografía invisible da guerra».
O xurado destacou que o artigo «amosa oficio e talento para mesturar voces nun exercicio polifónico que ofrece unha nova mirada sobre as feridas da Guerra Civil, a posguerra e a necesidade de blindar a nosa memoria colectiva, incidindo neste caso no patrimonio industrial do país».