Noticias

Podemos Ourense valora a renuncia de Baltar

Podemos Ourense valora a renuncia de Manuel Baltar a presidir a Deputación de Ourense e que supón un xiro que afectará á política local e autonómica.

Toño Naval, de Podemos Ourense, indica que «ven de producirse un cambio de era na política da provincia».

Podemos Ourense valora a renuncia de Baltar

O candidato da coalición Agora Ourense nas últimas municipais destaca que «houbo un cambio de era na política da provincia. Dende Podemos Ourense esiximos que co cambio se abran as portas e fiestras ata que se airee toda a corrupción desta familia de caciques. Que cada quen sosteña a súa vela».

Podemos Ourense valora a renuncia de Baltar

Unha das institucións ás que afectaría máis directamente esta decisión de Manuel Baltar sería o concello de Ourense. Ante esta situación, Naval recorda que «seguiremos vixiantes. Nos non temos as mans atadas con ningún pacto, como o PSOE ou o BNG. Só coa cidadanía ourensá».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.