Responsables políticos do Concello de Cea e a Deputación de Ourense presentan a programación da XXX Festa de exaltación do Pan de Cea que se celebra esta fin de semana.
No acto, realizado no Pazo Provincial, mostrouse o programa de actividades da edición de 2023 na que se agarda acadar as 2.500 pezas de pan vendidas.
Presentan a programación da XXX Festa do Pan de Cea
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, indicou que «a Deputación sempre estivo, está e estará ao carón da Festa do Pan de Cea». Este produto é para Baltar unha «icona da nosa gastronomía e un motor económico para Cea».
José Luis Valladares, alcalde de Cea, agradeceu o apoio da Deputación e recordou que a programación comeza o sábado, 1 de xullo, coa IX Ruta dos Fornos. «Recordo que comezamos coa Ruta dos Fornos como unha proba e o seu éxito é tal que case que estamos desbordados».
IX Ruta dos Fornos e animación musical
O Sábado, 1 de xullo, terá lugar a novena edición da Ruta dos Fornos coa participación de sete fornos antigos entre as 18:30h e as 22:30h.
Listado de fornos participantes e produtos que ofrece cada un durante a Ruta dos Fornos.
- Forno do Lodairo: pepito de IXP Ternera Gallega calidade suprema, embutidos tradicionais, DOP pementos de Herbón, viño branco e tinto, cervexa Estrella Galicia e auga
- Forno do Parapeta: mexillóns á vinagreta e ao vapor, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
- Forno do Santo: empanada de IXP Ternera Gallega Calidade Suprema en masa de Pan de Cea, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
- Forno do Abade: queixos das DOP de Galicia, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
- Forno da Cebola: tortilla de IXP Pataca de Galicia, embutidos tradicionais, viño branco e tinto (apto para persoas celíacas)
- Forno da Eira: xamón a corte, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
- Forno da Cruz: ovo cocido, embutidos tradicionais, viño branco a tinto e auga
Durante a celebración da IX Ruta dos Fornos actuarán as seguintes agrupacións de música tradicional.
- Candaira
- Feitizo de Pau
- Pikafoles
- Pandereteiras de Celavella
- Xunquereteiras
- Prato Mornos
Ás 23h actuará o grupo La Banda na Praza Maior de San Cristovo de Cea.
Programa da XXX Festa de Exaltación do Pan de Cea
Durante o domingo, 2 de xullo, terán lugar as seguintes actividades:
- 10h – Pasarrúas coa charanga CLK
- 12h – Recepción de autoridades no Campo da Saleta e inauguración da exposición «Camiño a Santiago» do escultor Acisclo Manzano.
- 13h – Pregón da XXX Festa de Exaltación do Pan de Cea a cargo do xornalista Marcial Mouzo.
- 14:30h – Xantar con degustación de produtos galegos con indicativo de calidade
- Empanada da IXP Ternera Gallega, Polbo á feira e carne ao caldeiro da IXP Ternera Gallega con IXP Pataca de Galicia e IXP Castaña de Galicia.
- Pan de Cea tamén con IXP.
- Sobremesa con queixos das DOP de Galicia e IXP Mel de Galicia, Requeixo das Neves con marmelada Nela Biosense e IXP Tarta de Santiago.
- Sidra de IXP Agricultura Ecolóxica de Galicia, viños galegos con Denominación de Orixe e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
- 18h – Actuación da Charanga Ardores