O estado actual do Río Barbaña chega ó Congreso dos Deputados e o Parlamento Europeo a través de sendas preguntas rexistradas polo BNG.
Un novo atraso na execución do proxecto para un saneamento integral do Río Barbaña levou á formación nacionalista a pedir explicacións.
O estado do Río Barbaña chega ó Congreso
Unha das causas do mal estado no que se atopa o Río Barbaña é a pouca capacidade da EDAR do concello de San Cibrao das Viñas. Segundo os nacionalistas, esta depuradora non é suficiente para «xestionar e depurar a elevadísima carga de augas residuais que recibe actualmente pois non falamos soamente das augas procedentes do Polígono de San Cibrao senón tamén do Polígono do Pereiro e dos núcleos de poboación de Paderne e Taboadela».
Luís Seara, portavoz municipal destaca que «non é de recibo que este proxecto, con todo e que implica desde o punto de vista medioambiental máis tamén económico pois as multas por verquidos son continuas, sufra agora un novo retraso na súa concreción e, sobor de todo, na súa execución».
As preguntas rexistradas permitirán «coñecer polo miúdo cales son os axustes aos que se fai referencia para retrasar o proxecto e para que desde Bruxelas se impulse a súa execución».