Un amplo número de actividades é a proposta que atopamos no Nadal do concello de Barbadás para este ano 2023 con opcións para toda a familia.
Desde o acendido da árbore de nadal do 5 de decembro, o programa de Nadal de Barbadás contará cunha intensa actividade ata o seu remate o xoves 4 de xaneiro.
Actividades de Nadal en Barbadás
Música, maxia, títeres, deporte, cinema, campamento de Nadal, Diverlandia e a visita de Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos forman parte desta programación.
Barbadás contará un ano máis cun atractivo reclamo para gozar das datas de Nadal con propostas para persoas de todas as idades.
- Martes, 5 de decembro
Talleres de Animación infantil e xuvenil
Acendido da árbore de Nadal e animación musical - Xoves, 14 de decembro
Mago José Rivera con «Especial Nadal» para o alumnado de primaria dos CEIPs Filomena Dato e O Ruxidoiro. - Venres, 15 de decembro
Títeres Alakrán con «A Pita Xefa» para o alumnado de infantil dos CEIPs Fiolmena Dato e O Ruxidoiro - Mércores, 20 de decembro
Redrum Teatro con «Roedores«
Master Class de Nadal - Xoves, 21 de decembro
Visita de Papá Noel ós CEIPs Filomena Dato e O Ruxidoiro e ó Centro Ocupacional As Burgas
Títeres Tanxarina con «Titiricircus» - Venres, 22 de decembro
Visita de Papá Noel
Concerto da Banda infantil da Escola - Sábado, 23 de decembro
Torneo benéfico Pre-benxamín - Luns, 25 de decembro, ó martes, 5 de xaneiro
Campamento de Nadal no Espazo Infantil - Martes, 26 de decembro
Clinic Porteiros UDB/EDB
Festival de Panxoliñas - Mércores, 27 de decembro
Clinic Porteiros UDB/EDB
Mago Joshua Kenneth con «Degustación imposibles« - Xoves, 28 de decembro
Clinic Porteiros Sambade
Cinema «Scrooge: Conto de Nadal« - Venres, 29 de decembro
Clinic Porteiros Sambade
Visita do Apalpador
Actuación da Escola de Música - Mércores, 3 de xaneiro
Visita das SSMM Os Reis Magos ás localidades do concello
Concerto de Aninovo da Banda de Música - Xoves, 4 de xaneiro
Diverlandia 6.0
Visita dos Reis Magos