Noticias

Ourense non terá Máster de Enfermería

O Campus de Ourense non terá Máster de Enfermería tras anunciar o Consello de Goberno da Universidade de Vigo que só se implantará en Pontevedra.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, indica que «a decisión tomada é unha máis da dramática rutina á que veñen condenando a Ourense: a Xunta, o Goberno Central e agora a Universidade».

Ourense non terá Máster de Enfermería

O alcalde de Ourense lamenta a decisión tomada polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo. «Esta decisión, tristemente, vén a confirmar unha das primeiras medidas que se toman ao respecto e que veñen dar a razón aos que receabamos de que o proceso de integración acabaría facéndose contra os intereses de Ourense».

Ourense non terá Máster de Enfermería
Foto: Concello de Ourense

Pérez Jácome anuncia que fará chegar ó reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, unha protesta ante unha medida. Segundo o rexedor, rompe a equidade coa que debe ser tratado o Campus de Ourense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.