Noticias

Solicitan que a RPT inclúa un intérprete de lingua de signos

Representantes do grupo municipal do PSdeG-PSOE solicitan que a RPT do concello de Ourense inclúa un intérprete de lingua de signos.

Esta solicitude será presentada no próximo pleno municipal mediante unha moción que será debatida e votada polo pleno.

Solicitan que a RPT inclúa un intérprete de lingua de signos

Natalia González Benéitez, portavoz socialista no concello, indica que «este mes de xaneiro produciuse un fito histórico no que se refire aos avances sociais do noso país coa eliminación do termo ‘diminuído’ do artigo 49 da Constitución Española. Non obstante, a liberdade e os dereitos das persoas con discapacidade teñen que ir máis aló dos textos legais».

Para seguir avanzando neste eido, o PSdeG-PSOE propón que «os plenos do corporación conten cun ou cunha intérprete de lingua de singnos, tal e como acontece no resto de administracións». Por este motivo, solicitarán que a Relación de Postos de Traballo (RPT) inclúa unha praza para un profesional intérprete de lingua de signos.

Solicitan que a RPT inclúa un intérprete de lingua de signos
Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

Entre as tarefas que realizará esta persoa estaría o asesoramento ás persoas con discapacidade auditiva no momento de realizar trámites coa administración. Recorda tamén o grupo socialista que APSOU cumpre o seu 50 aniversario. Para apoiar a actividade que esta entidade realiza por toda a provincia, o grupo municipal socialista pide que se firme un convenio de colaboración anual entre o concello e APSOU ademais de organizar un acto de recoñecemento pola labor que realizan.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.