Noticias

Novos centros de saúde para Mariñamansa e O Vinteún

A construción de novos centros de saúde para os barrios de Mariñamansa e O Vinteún suporá un dos proxectos que os socialistas realizarán si José Ramón Gómez Besteiro é o próximo presidente da Xunta de Galicia.

Membros da candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense indicaron que Mariñamansa e O Vinteún terán novos centros de saúde para revertir a situación dunha sanidade «destruída polos recortes atroces e o desmantelamento masivo de servizos ao longo e ancho da provincia».

Novos centros de saúde para Mariñamansa e O Vinteún

Carmen Rodríguez Dacosta, cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Ourense, indica que o seu partido «leva anos reclamando a construción dos centros de saúde do Vinteún e Mariñamansa, pero sempre nos atopamos co voto en contra do PP».

Novos centros de saúde para Mariñamansa e O Vinteún
Foto: PSdeG-PSOE

Cun goberno socialista tras as eleccións do 18 de febreiro, Dacosta destaca que «dotaremos a sanidade do persoal necesario, reduciremos as listas de agarda e contruiremos estes dous centros de saúde que tanto reclama a cidadanía para aliviar a situación dos centros da Ponte e A Cuña, actualmente saturados polo alto volume de pacientes».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.