A Semana Santa chega co V Concurso de Tapas de Maceda que servirá como reclamo para aumentar o número de persoas que visitan esta localidade.
Este concurso estará activo entre os días 22 e 24 e entre o 27 e 30 de marzo de 2024 para que o maior número posible de persoas poidan degustar as exquisitas tapas que elaborarán os establecementos participantes.
V Concurso de Tapas de Maceda
As persoas que participen no concurso optarán ó sorteo de regalos que inclúen unha Smart TV de 32″ ou unha tablet.
Tanto o sábado 23 de marzo coma o sábado, día 30, haberá animación musical entre as 20 e as 23h a cargo de grupos musicais da localidade.
Locais participantes no Concurso de Tapas de Maceda
- Bar Lúa
- A Tapa
- Bar A Sala
- A Fenda
- Casa Rosa
- Umpalumpa
- Cafetería Castillo
- Bar A Teixeira
- A Burguer Maceda
- A Cervexería
- Porta Sacra
- O Recuncho
- Pagas tú