Eventos

Ofrenda a Pablo Iglesias polo Día do Traballador

O PSdeG-PSOE do concello de Ourense organiza xunto á UGT unha ofrenda floral a Pablo Iglesias Posse polo Día do Traballador.

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG organiza este acto que terá lugar o mércores, 1 de maio, xunto ó busto do fundador do PSOE, Pablo Iglesias.

Ofrenda a Pablo Iglesias polo Día do Traballador

Está previsto que interveñan neste acto o secretario comarcal da UGT en Ourense, Cristóbal Medeiros, o secretario provincial do PSdeG-PSOE, Rafael R. Villarino, e a secretaria xeral do PSdeG-PSOE no concello de Ourense, Natalia González Beneitez.

O acto previsto para as 10:30h, servirá para reivindicar a mellora das condicións laborais dos traballadores e a redución da fenda salarial. «Esta data non debe ser para celebrar, senón para continuar loitando polos dereitos perdidos e todos aqueles que quedan por conquistar. Así como para esixir que se derruben os teitos de cristal que aínda continúan en pé», indica Natalia González.

Ofrenda a Pablo Iglesias polo Día do Traballador

Botón volver arriba