Noticias

As Letras Galegas reúnen a 700 escolares na Praza Maior de Ourense

As celebracións das Letras Galegas reúnen a 700 escolares na Praza Maior de Ourense para render homenaxe á escritora Luísa Villalta.

O concello de Ourense organizou un evento na Praza Maior no que participaron máis de 700 escolares de nove colexios.

As Letras Galegas reúnen a 700 escolares na Praza Maior de Ourense

Música, baile, poemas e lectura de manifestos formaron parte deste acto no que se recordou a figura da Luísa Villalta, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.

Tamara Silva, concelleira de Educación, deu a benvida ós escolares que realizaron as seguintes actuacións:

  • CEIP Vistafermosa lectura dun manifesto da súa autoría,
  • CEIP  Mestre Vide cantou o himno galego,
  • O Couto leu a poesía A primavera,
  • Luis Vives interpretou a Muiñeira de Chantada,
  • Padre Feijóo cantou a coro a cantiga O cuco,
  • Vistafermosa bailou Millo verde,
  • Albino Núñez interpretou a cantiga galega O Verdegaio,
  • San Pío o baile Ana quere pan,
  • Mestre Vide interpretou a cantiga Lela,
  • Vistafermosa bailou unha muiñeira,
  • O Couto a cantiga moderna Anímate a falar galego e o grupo Mondra, o baile Troupele.
  • o coro do Padre Feijoo interpretou Eu son,
  • Vistafermosa realizou un baile de zocos,
  • Padre Feijoo interpretou un rap,
  • a alumna Helena Iglesias do Mestre Vide recitou o poema Cantemos.
As Letras Galegas reúnen a 700 escolares na Praza Maior de Ourense
Foto: Concello de Ourense

Botón volver arriba