Noticias

O PSdeG-PSOE de Ourense homenaxea a Luísa Villalta

O PSdeG-PSOE de Ourense homenaxea a Luísa Villalta, escritora á que se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2024.

Este acto, celebrado na Biblioteca Nós, contou coa participación da secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González, a secretaria de Educación da CEM, Cristina Cruz, a secretaria da Lingua da CENG, Margarida Pizcueta, e o escritor e poeta Xoán Carlos Domínguez.

O PSdeG-PSOE de Ourense homenaxea a Luísa Villalta

Natalia González iniciou a mesa redonda recordando a importancia que ten a figura de Luísa Villalta. «Uniu a literatura e a música cun fin reivindicativo e de compromiso. E sempre se mantivo vencellada ás necesidades da sociedade galega da súa época».

Cristina Cruz recordou as palabras do presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, sobre a lingua galega. «É a única lingua ou literatura que ten como primeira bandeira a unha muller, a Rosalía de Castro».

O PSdeG-PSOE de Ourense homenaxea a Luísa Villalta

Na intervención de Margarida Pizcueta saíu o estado da lingua galega na actualidade. «Non se pode nin se debe celebrar o Día das Letras Galegas sen falar da situación do galego, porque este é un día para celebrar, pero tamén para reivindicar». Ó mesmo tempo, Pizcueta lembrou que «Luísa é e será un magnifico exemplo para as nenas e as mulleres que queremos cambiar este mundo».

A última intervención foi do escritor Xoan Carlos Domínguez recordou que Villalta era unha figura «anticonvencional, selecta e comprometida». O acto rematou cunha pequena actuación do grupo de música tradicional Ergutío.

Botón volver arriba