Eventos

Desafío entre aldeas no San Andrés de Baronzás

Este 2024 asistiremos a un Desafío entre aldeas durante a celebración do San Andrés de Baronzás que terá lugar os días 15 e 16 de xuño.

Esta localidade veciña de Xinzo de Limia terá unha importante celebración esta fin de semana que inclúe un amplo programa de actividades.

Desafío entre aldeas no San Andrés de Baronzás

A música tradicional será o elemento máis destacado do programa do San Andrés de Baronzás onde tamén atoparemos actos litúrxicos, gastronomía e actividades de lecer.

A actividade máis destacada da edición de 2024 será o Desafío entre aldeas onde grupos de veciños terán que superar varias probas para poder escoller a aldea máis unida e competitiva.

Desafío entre aldeas no San Andrés de Baronzás

Sábado, 15 de xuño ás 17h

  • O desafío entre aldeas
  • Entrega de Premios
  • Pancetada Popular
  • Charanga Caliqueños

Domingo, 16 de xuño

  • 10h – Alborada
  • 13h – Procesión e Misa
  • 14h – Sesión Vermú
  • 16:30h – Fonte do Barrio
    -Títeres Alakran: «Barriga verde ataca de novo»
    -Os rampeiros
  • 18h – Aira da Pingarella
    -Silveiras do Támega
  • 18:30h – Fonte do Carballo
    -Os Jalos D’antioquía
    -Homenaxe Especial
  • 19h – Explanada do Carrascal
    -As xeitosiñas de Baltar
    -Nin arre nin xo
    -Oleiro do Batán
    -Xogos Populares
    -Sorteo de rifas
  • 20h – Capela do Modesto
    -Limuhes
  • 20:30h – Casiña do Pobo
    -Airiños D’Antela

Botón volver arriba