Noticias

Solicitan compromiso co Museo de Carlos Casares

Desde o PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia solicitan compromiso co Museo de Carlos Casares e piden á Deputación de Ourense que impulse estra infraestrutura.

No ano 2023, o concello de Xinzo de Limia mercaba un inmoble situado na Praza Maior coa finalidade de establecer alí o Museo Carlos Casares.

Solicitan compromiso co Museo de Carlos Casares

Tras varios meses de parálise, o grupo socialista pide ó goberno formado por AXIL e PP «maior dilixencia» para impulsar este proxecto.

«Coñecemos a nova da reunión entre a Fundación Carlos Casares e o presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor, na que se lle transmitiu, entre outras cousas, a vontade por parte da fundación de ter a súa sede física en Xinzo», sinalan desde o grupo socialista de Xinzo de Limia.

Elvira Lama, voceira do PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia, indica deben «darlle a Carlos Casares o lugar que merece no centro da vila a través dun espazo propio». Na actualidade, a exposición «Os mundos de Carlos», ocupa un espazo na planta baixa do Museo Galego do Entroido.

Solicitan compromiso co Museo de Carlos Casares
Futura sede do Museo Carlos Casares. Foto: PSdeG-PSOE

A voceira socialista destaca que «en vista da boa disposición da Fundación Carlos Casares e do actual presidente da Deputación, Luís Menor, debe ser o concello quen presente, sen mais retraso, o proxecto de rehabilitación a entidade provincial a fin de poder acadar o financiamento para o vindeiro ano e que ese importe sexa incluído nos orzamentos da Deputación 2025».

Botón volver arriba