O Centro Social de Mugares acolle este domingo a presentación dun libro escrito por Pablo Sabucedo Samtps sobre a figura de Bartolomé García Bahamonde.
Baixo o título de «Bartolomé García de Bahamonde: un fidalgo e crego ilustrado no Ribeiro do século XVI» atopamos un libro de gran valor histórico.
Mugares acolle a presentación dun libro de Pablo Sabucedo
Pablo Sabucedo pon en valor a figura dun abade que financiou a construción da igrexa de Santa María de Mugares e a súa influencia nos seguintes séculos.
A partir das 18h, Pablo Sabucedo presentará este libro que conta coa colaboración da Asociación Amigos do Patrimonio de Toén e o concello de Toén. Ó rematar a presentación, os asistentes realizarán un roteiro guiado pola igrexa parroquial e a casa reitoral.