A Festa da Istoria 2025 en Ribadavia xa ten programa oficial e promete converter a vila ourensá nun auténtico escenario medieval durante a fin de semana do 29 ao 31 de agosto.
Concertos, teatro, recreacións históricas, desfiles e o tradicional mercado darán vida a un dos eventos máis agardados do verán en Galicia.
Programa completo da Festa da Istoria 2025 en Ribadavia
O venres 29 terá lugar a xornada inaugural Rholden, que arrincará ás 10:30 horas co X Concurso de Pintura Rápida. As rúas e prazas encheranse de cor antes da apertura do Campamento Medieval no Castelo dos Sarmiento. Pola tarde, ás 18:00 horas, inaugúrase o Gran Mercado Medieval, epicentro da festa, seguido da exposición e entrega de premios do certame de pintura.
A música será protagonista co concerto do Coro da Istoria, Ensemble A Lira e Kantantibus, ao que se sumará o Bando da Istoria, as actuacións das Pandereteiras e os Tabaleiros da Istoria. A noite rematará co teatro “O Malsín” e o concerto do grupo folk Coanhadeira, seguido do espectacular Correfoc Dimonis Rafolins.
O sábado 30 será a xornada central, marcada polo Gran Desfile da Istoria, a lectura do pregón a cargo de Pedro Valderey e o nomeamento dos Notables da Istoria. O Castelo dos Sarmiento acollerá animación, tiro con arco, teatro e oficios da época, con entrada reservada para quen vista traxe medieval. Durante o día sucederanse actividades como o Xadrez Vivente, a recreación da Voda Xudía, duelos de cabaleiros, exhibicións de cetraría, o Certame de Vestimenta Medieval e a tradicional Carreira de Pipotes. Pola noite celebraranse o Baile Medieval, o concerto de Os Chemigal e a actuación do grupo folk Tanto Nos Ten na Praza de San Martiño.

O domingo 31 a festa pechará cunha xornada dedicada ao Mercado Artesanal e a continua animación polas rúas. Participarán agrupacións como a Banda de Gaitas Airiños de Arnoia, o Coro da Istoria, os Tabaleiros, as Pandereteiras da Istoria, grupos de recreación histórica e especialistas en cetraría e hípica.
Programa Festa da Istoria 2025 – Ribadavia
A Festa da Istoria de Ribadavia, declarada de Interese Turístico Nacional, consolidase un ano máis como unha das citas máis singulares de Galicia, onde tradición, historia e festa se mesturan para ofrecer unha viaxe ao pasado.
Venres 29 de agosto – Xornada Rholden
- 10:30h – X Concurso de Pintura Rápida (rúas e prazas de Ribadavia)
- 11:00h – Apertura Campamento Medieval no Castelo dos Sarmiento
- 18:00h – Inauguración do Gran Mercado Medieval
- 19:00h – Exposición e entrega de premios do X Concurso de Pintura Rápida (Club Artístico)
- 20:30h – Concerto de música medieval: Coro da Istoria, Ensemble A Lira e Kantantibus (Igrexa de San Domingos)
- 21:00h – Proclamación do Bando da Istoria (Praza Maior)
- 21:30h – Actuación das Pandereteiras da Istoria (Praza da Madalena)
- 22:00h – Música nas rúas cos Tabaleiros da Istoria
- 22:30h – Teatro histórico “O Malsín”
- 23:30h – Concerto do grupo folk Coanhadeira (Alameda)
- Ao rematar – Espectáculo Correfoc Dimonis Rafolins (Alameda e Castelo dos Sarmiento)
Sábado 30 de agosto – Día grande da Istoria
- 10:30h – Apertura do Mercado Medieval e do Banco da Alhóndiga
- 11:00h – Gran Desfile da Istoria (do Consello ao Castelo)
- 11:30h – Lectura do Pregón (a cargo de D. Pedro Valderey) e Nomeamento de Notables da Istoria (fachada do Castelo)
- 12:00h – Apertura do Castelo dos Sarmiento (animación, tiro con arco, teatro, recreacións, música e oficios da época – acceso con traxe medieval ata as 19:00h. Peche ás 22:00h)
- 12:30h – Danzas antigas coas Donas con Cabaleiros da Istoria (Praza Maior)
- 13:00h – Xadrez Vivente (Auditorio do Castelo)
- 13:00h – Comitiva da Voda Xudía (rúa dos Fornos)
- 13:30h – Duelo de Cabaleiros (Especialistas de Hípica Celta, Auditorio do Castelo)
- 14:00h – Recreación da Voda Xudía (Igrexa da Oliveira – acceso con traxe medieval)
- 14:30h – Exhibición de Cetraría (Praza Maior)
- 14:30h – Xantar Medieval na Madalena (con reserva)
- 17:00h – VII Certame de Vestimenta Medieval
- 18:00h – Tabaleiros da Istoria polas rúas
- 18:30h – Charla/Exhibición da vestimenta dun mercenario do século XV (Castelo)
- 18:30h – Carreira de Pipotes (rúa Progreso – Castelo)
- 19:00h – Exhibición de Cetraría na Veronza
- 19:30h – Torneo Medieval (Veronza – Especialistas de Hípica Celta)
- 21:00h – Baile Medieval: “Donas sen Cabaleiros da Istoria” (Castelo) e actuación Sons da Istoria na Praza da Madalena
- 21:30h – Concerto “Os Chemigal” (Praza da Madalena)
- 22:00h – Peche do Banco da Alhóndiga
- 23:00h – Concerto folk “Tanto Nos Ten” (Praza de San Martiño)
Domingo 31 de agosto – Peche da Istoria
- 12:00h – 22:00h – Mercado Artesanal e animación continua polas rúas do centro histórico
- Actuacións de música, teatro e recreación histórica a cargo de:
Banda de Gaitas Airiños de Arnoia · Coro da Istoria · Tabaleiros da Istoria · Pandereteiras da Istoria · Grupo de baile Donas sen Cabaleiros · Grupo Folk Gaeloc · Grimorium · Aguilas de Valporquero · Especialistas de Hípica Celta · Asociación de Amigos da Noite Templaria de Ponferrada · Compañía Artimaña · e moitos máis colectivos e voluntarios da Istoria.