Eventos

A 5ª Feira Revive de Outono chega a Ribadavia

A Igrexa Madalena de Ribadavia acollerá os días 11 e 12 de outubro a 5ª edición da Feira Revive de Outono, un encontro centrado na supra reciclaxe e no consumo consciente.

Esta iniciativa, organizada polo Concello de Ribadavia, ofrecerá obradoiros, música, exposicións e actividades vinculadas á sostibilidade e á creatividade.

A 5ª Feira Revive de Outono chega a Ribadavia

A programación comezará o sábado 11 ás 11:30 horas coa apertura e a exposición de arte de Jana Bahk. Durante a xornada haberá un obradoiro de puntillismo sobre vieiras recicladas, unha charla da Asociación de Labores Solidarias da IAIA e outro taller sobre a árbore da vida con botóns reciclados, a cargo de Madejas Tejerlo.

Ademais, Carolina Atuesta impartirá unha sesión sobre mensaxes numéricos e a música chegará da man dunha DJ Session de Sula.

O domingo 12 abrirase cun encontro de debuxo con Carolina Atuesta e continuará cunha charla da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A tarde incluirá unha actividade de ganchillo en comunidade con premio á persoa tecedora máis rápida, organizada tamén por Madejas Tejerlo.

Para rematar a xornada, a música poñerá o broche final con actuacións de Nixon García e Baba Sall.

A 5ª Feira Revive de Outono chega a Ribadavia

A feira, que permanecerá aberta de 11:30 a 20:00 horas, contará tamén cunha zona de troco, espazos de artesanía sustentable e propostas de reciclaxe creativo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.