As Festas na honra á Virxe do Rosario en Vilarrubín celebraranse do 3 ao 6 de outubro de 2025 cun amplo programa de actividades que combina tradición, música e animación para todas as idades.
O venres 3 de outubro arrancará a festa cunha gran pancetada popular amenizada polo DJ Chiquilín, a partir das 21:30 horas.
Festa do Rosario en Vilarrubín ofrecerá catro días de música e tradición
O sábado 4, ás 18:00 horas, haberá tirada de fogos, campionato de subastado e futbolín. Xa ás 20:00 horas terá lugar a misa solemne e a procesión das antorchas. A xornada culminará cunha verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show e o grupo América SL.
O domingo 5 comezará ás 12:30 horas cunha misa solemne. A continuación celebrarase a sesión vermú coa música do dúo Os Trasnos. Pola tarde, os máis pequenos poderán gozar de xogos e inchables gratuítos. Ás 20:00 horas está prevista unha nova verbena co dúo Os Trasnos e a orquestra Finisterre.
As festas pecharanse o luns 6 de outubro cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú e festa popular. Xa pola noite, a partir das 20:30 horas, actuará a orquestra Compostela. Durante o descanso celebrarase o sorteo das rifas.
