Noticias

A Xunta inviste 35.000 euros nunha praza na Peroxa

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, supervisou na Peroxa as obras da nova praza na Pousada, financiadas con 35.000 euros pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ao abeiro das axudas de 2025 para infraestruturas municipais.

Acompañado polo alcalde, Manuel Seoane, destacou que a actuación mellorará os espazos públicos do núcleo.

A Xunta inviste 35.000 euros nunha praza na Peroxa

Ademais, lembrou que a Xunta abriu unha nova convocatoria destas achegas, dotada con 3,5 millóns de euros para concellos de menos de 30.000 habitantes, cun prazo de solicitude ata o 4 de maio.

A Xunta inviste 35.000 euros nunha praza na Peroxa
Foto: Delegación da Xunta

Estas subvencións financian ata o 80% do investimento, cun máximo de 40.000 euros en solicitudes individuais, e inclúen actuacións en alumeado, pavimentación, prazas ou edificios municipais.

Pardo subliñou que o obxectivo é mellorar a calidade de vida no rural e favorecer a fixación de poboación.

Botón volver arriba