A parroquia de Cambeo (Concello de Coles) acollerá o 11 de outubro a 6ª edición da Verbena Charamusgas.
Esta celebración, ambientada nos anos 50, incluirá unha ampla programación de actividades para todas as idades.
Cambeo viaxa aos anos 50 coa Verbena Charamusgas
O evento celébrase o 11 de outubro con música, baile e gastronomía tradicional
A xornada comezará ás 13:00 horas coa sesión vermú, amenizada pola Banda de Música Santadega e as pandereteiras Charamusgas. O tradicional xantar no campo, contará coa actuación do grupo As Xuartetas.
Pola tarde, ás 17:30 horas, terá lugar un obradoiro de baile impartido por Xisco Feijoo, mentres que a partir das 20:00 horas comezarán os concertos da Galega de Bailables, Coanhadeira e De Pé Feito + AOFT, que porán o broche musical á festa.

A organización anima á veciñanza e visitantes a acudir con roupa de época e participar nunha xornada que mestura tradición, música e convivencia no espírito das antigas festas populares.