Ribadavia converterase este xoves 9 de outubro nun espazo de reflexión e solidariedade coa causa palestina.
O Café La Huella del Gato (Praza Maior, 13) acollerá ás 20:15 horas o acto “Fala a resistencia”, que contará coa participación de Fayez Badawi, representante da Fronte Popular para a Liberación da Palestina.
Charla sobre Palestina en Ribadavia con Fayez Badawi
Fala a resistencia: encontro con Fayez Badawi en Ribadavia.

A cita está organizada pola Asociación Cultural A Esfarna do Ribeiro en colaboración con Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, e pretende ofrecer unha visión directa sobre a situación que vive Palestina e o papel da súa resistencia.
Segundo destacan desde a organización, a visita de Badawi constitúe “unha oportunidade única para escoitar de primeira man o relato da loita palestina pola liberdade e fortalecer os lazos de irmandade entre Galicia e Palestina”. O encontro é aberto a todo o público, co obxectivo de fomentar o diálogo e a conciencia internacionalista na comarca do Ribeiro.
📅 Data: Xoves 9 de outubro
⏰ Hora: 20:15
📍 Lugar: Café La Huella del Gato, Praza Maior 13, Ribadavia
💶 Entrada libre