Noticias

Os Socialistas reclaman solucións para o caos da ximnasia

O grupo municipal socialista de Ourense reuniuse esta mañá coa directiva do Club Ximnasia Pavillón para atender as súas reivindicacións sobre ocupación de espazos deportivos e garantir que os adestramentos da base se desenvolvan en condicións óptimas e con respaldo do Goberno Municipal.

Segundo denunciaron as socialistas, o Executivo local realiza “postureo co apoio ao deporte base” mentres recorta, como no caso da ximnasia, até un 20% das horas de adestramento nas instalacións necesarias para o equipo de élite.

Os Socialistas reclaman solucións para o caos da ximnasia

A voceira socialista, Natalia González, destacou que a solución pasa pola construción dun novo pavillón deportivo para que “Ourense sexa a capital da ximnasia” e este deporte reciba o impulso institucional que merece.

Os Socialistas reclaman solucións para o caos da ximnasia
Foto: PSOE

González tamén estendeu a man ao Goberno municipal para avanzar nos contactos con Expourense, tal e como se comprometera o concelleiro de Deportes no Consello Municipal, e iniciar canto antes o proxecto.

As socialistas instan ao Concello a deixar de mirar cara outro lado e solucionar o caos que ano tras ano se repite co calendario e uso das instalacións deportivas municipais, que sempre chegan “tarde, mal e arrastradas”. Esta situación provoca problemas para familias, rapaces e clubes que non poden organizar os seus adestramentos nas condicións que precisan.

A saturación das instalacións é evidente, especialmente no anexo do pavillón, onde varios clubes de diferentes modalidades entrenan ao mesmo tempo cada día, dificultando o normal desenvolvemento das actividades deportivas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.