Noticias

O BNG liga a estrela Michelin coa crise da Praza de Abastos

O BNG de Ourense considera que gañar unha estrela Michelin é un recoñecemento que coloca a cidade no mapa gastronómico internacional.

Sen embargo, lembra que “a excelencia culinaria nace tamén dos mercados de proximidade”, segundo defendeu o portavoz nacionalista Luís Seara.

O BNG liga a estrela Michelin coa crise da Praza de Abastos

Seara critica que o alcalde promova unha recepción institucional ao restaurante galardoado mentres mantén, ao seu xuízo, un conflito que pon en risco o modelo da Praza de Abastos.

O BNG liga a estrela Michelin coa crise da Praza de Abastos
Luís Seara. Foto: BNG

Na súa valoración, o grupo municipal subliña que unha estrela Michelin atrae turismo, emprega talento local e amosa o potencial creativo da cociña ourensá, polo que consideran lóxica a celebración oficial.

Porén, Seara reclama non esquecer “a quen sustenta día a día a nosa identidade culinaria: praceiros, praceiras e pequenos comerciantes da Praza de Abastos”. Son eles, insiste, quen fornecen aos hostaleiros de produto fresco, local e de calidade, esencial para o éxito gastronómico da cidade.

O BNG acusa o alcalde de promover nestes días “un ataque de irracionalidade nunca antes coñecido”. Aseguran que as súas decisións poñen en perigo o modelo de economía circular da Praza e máis de 200 postos de traballo. “Aquel que debera preservar o emprego pon paus nas rodas, comprometendo a viabilidade de gran parte dos postos da Praza”, denuncia o grupo nacionalista.

Seara insiste en que non hai coherencia entre “pór en valor a hostalaría ourensá” e “dinamitar un proxecto que fornece a moitos destes locais”. Por ese motivo, o BNG anuncia que non asistirá á recepción organizada polo alcalde ao restaurante recentemente recoñecido.

O portavoz vai máis alá e afirma que “non podemos brindar cunha man mentres coa outra se asinan decretos que ameazan o sustento de centos de familias”. Para o BNG, a verdadeira excelencia gastronómica mídese tamén pola saúde dos mercados, polo apoio ao comercio de proximidade e pola defensa do que é de todos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.