Noticias

O PSdeG defende a liberdade de prensa tras o incidente co fotógrafo Fariñas

O grupo municipal do PSdeG en Ourense rexistrou unha moción en defensa da liberdade de prensa, do dereito á información e do respecto institucional aos profesionais da comunicación, que se levará á próxima sesión plenaria do Concello.

A iniciativa chega despois do incidente co fotógrafo Xesús Fariñas, increpado polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome no último Pleno Extraordinario, no que foi cualificado como “paparazzi”.

O PSdeG defende a liberdade de prensa tras o incidente co fotógrafo Fariñas

Segundo denuncian as socialistas, este episodio, recollido pola Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia, a Asociación de Periodistas de Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, non é illado. Parte dun “patrón continuado de descualificación, abuso institucional e falta de respecto aos medios”.

O PSdeG defende a liberdade de prensa tras o incidente co fotógrafo Fariñas

A moción tamén alerta sobre o conflicto de intereses que supón que o alcalde, ademais de representante institucional, sexa propietario dun medio privado, Auria TV, substitúa roldas de prensa por vídeos unidireccionais, bloquease preguntas e utilice espazos do Concello como se fosen propios.

Natalia González Benéitez, voceira do grupo municipal socialista, afirmou: “Un ataque a un xornalista é un ataque á democracia. Ourense vive unha situación que xa non se pode normalizar. A cidadanía ten dereito a información veraz e plural, e os profesionais teñen dereito a traballar sen medo, insultos nin ameazas implícitas”.

Publicaciones relacionadas

Entre as medidas propostas na moción destacan:

  • Que a comunicación institucional se realice polas canles oficiais do Concello.
  • Garantir o respecto absoluto á liberdade de prensa e ao traballo dos xornalistas.
  • Cumprir a normativa de publicidade e comunicación institucional.
  • Separar de forma efectiva a actividade privada do alcalde da súa función como rexedor.
  • Aprobar unha Declaración Institucional en defensa da liberdade de prensa.

Queixa ante a Valedora do Pobo

Ademais, o grupo socialista presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño. Solicitan un “recurso de amparo institucional” fronte aos ataques e restricións á liberdade de prensa na administración local. No documento, as edís sinalan que os plenos municipais non deben convertirse nun espazo de “opacidade, censura e intimidación” contra os profesionais da información ou membros da corporación.

O PSdeG conclúe que “Ourense merece respecto e un alcalde que non utilice a institución para amedrentar nin para tapar a voz dos medios”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.