Noticias

Xunqueira de Espadanedo reforza servizos con novo vehículo ECO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá Xunqueira de Espadanedo para presentar, xunto ao alcalde Pablo Graña, a nova adquisición municipal: un vehículo Cero emisións/ECO, cofinanciado pola Xunta cunha achega próxima aos 40.000 euros.

Segundo explicou Pardo, o automóbil empregaráse nas tarefas de mantemento do saneamento e do abastecemento de auga nos núcleos de poboación.

Xunqueira de Espadanedo reforza servizos con novo vehículo ECO

Estes servizos, sinalou, resultan fundamentais para garantir auga de consumo humano en condicións óptimas, así como unha correcta xestión das augas residuais, co fin de previr enfermidades e evitar contaminación ambiental.

Xunqueira de Espadanedo reforza servizos con novo vehículo ECO
Foto: Delegación da Xunta en Ourense

O representante da Xunta lembrou que cada ano se activan diversas liñas de apoio aos concellos, como o Fondo de Compensación Ambiental, a orde de infraestruturas de uso público, o programa de eficiencia enerxética cofinanciado con fondos Feder ou o Fondo de Cooperación Local. A través destas ferramentas, ao longo deste ano impulsáronse preto dun milleiro de actuacións municipais en Galicia.

Pardo subliñou que todas estas axudas teñen un obxectivo común: mellorar o funcionamento dos servizos e das infraestruturas municipais, garantindo prestacións de calidade para a veciñanza con independencia do lugar no que vivan. Isto permite avanzar na protección ambiental, mitigar impactos negativos e reforzar a atención fronte a situacións de emerxencia.

O delegado tamén destacou que Xunqueira de Espadanedo leva anos apostando pola eficiencia enerxética e por tecnoloxías respectuosas co medio ambiente, un traballo que lle permite beneficiarse con frecuencia das distintas convocatorias de apoio da Xunta.

Reunión co alcalde

Durante a súa visita, Manuel Pardo mantivo unha reunión co alcalde para coñecer de primeira man as necesidades do municipio. O delegado asegurou o compromiso da Xunta de seguir investindo e de traballar xunto ao Concello para garantir “o benestar de todos os veciños”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.