Noticias

Ourense incorpora cinco novos axentes á Policía Local

O Concello de Ourense incorpora cinco novos axentes ao corpo da Policía Local, fortalecendo así a seguridade cidadá e avanzando na execución da súa Oferta de Emprego Público.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión dos efectivos, que chegan ao Concello mediante un concurso de mobilidade tras deixar os seus anteriores destinos.

Ourense incorpora cinco novos axentes á Policía Local

Con esta incorporación, o Goberno municipal continúa o proceso de reforzo da plantilla policial previsto para este exercicio.

Ourense incorpora cinco novos axentes á Policía Local
Foto: Concello de Ourense

A entrada destes profesionais responde ao procedemento establecido pola Lei 4/2007 do 20 de abril, que fixa que polo menos o 25% das prazas ofertadas deben cubrirse a través da mobilidade. As cinco prazas agora ocupadas, correspondentes a axentes xa en activo, intégranse nun conxunto de 20 prazas totais incluídas na actual Oferta de Emprego Público para a Policía Local de Ourense.

Desde o Concello destacan que este reforzo permitirá mellorar a presenza policial nos barrios e optimizar o funcionamento operativo do servizo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.