Noticias

As librarías ourensás celebran o éxito do Plan Provincial de Lectura

A falta de 15 días para que termine o Plan Provincial de Lectura da Deputación de Ourense, as librarías adheridas á Agrupación Provincial móstranse moi satisfeitas coa resposta da mocidade.

Coa campaña, impulsada polo goberno provincial, mozos e mozas menores de 18 anos poden acceder a un bono de 20 euros para mercar libros en establecementos locais.

As librarías ourensás celebran o éxito do Plan Provincial de Lectura

A iniciativa cumpre o dobre obxectivo de fomentar a lectura entre as novas xeracións e apoiar o comercio de proximidade.

As librarías ourensás celebran o éxito do Plan Provincial de Lectura

O programa conta cun orzamento total de 350.000 euros, dos que xa se teñen canxeado 235.000 euros. A Deputación xerou ata o momento 18.000 bonos, e 14.000 xa foron utilizados. As librerías da asociación animan tanto ás persoas que xa descargaron o seu vale como ás que aínda non o fixeron a aproveitar os 15 días restantes de campaña. Recordan que aínda hai fondos e marxe temporal abondo para solicitar ou empregar os bonos antes do 20 de decembro.

Segundo a Agrupación Provincial de Librerías, o plan encaixa plenamente coas súas finalidades: fomentar a lectura, reforzar a actividade cultural e dinamizar a economía local. O sector destaca que esta campaña contribúe a achegar os libros aos máis novos e a incrementar o movemento nas librerías de proximidade.

O colectivo lembra tamén que, desde hai anos, desenvolven accións complementarias co mesmo espírito dinamizador, como contacontos, encontros literarios ou feiras especializadas, actividades que consolidan as librerías como espazos culturais de referencia na provincia.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.