Noticias

«Destino», a peregrinación fotográfica de Manuel Valcárcel chega a Xinzo

O Concello de Xinzo de Limia, ABANCA e Afundación acaban de asinar un convenio para traer á vila a exposición «Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel», unha mostra que recolle catro camiños vitais en catro continentes.

O acordo foi rubricado polo alcalde Amador Díaz Penín, polo coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román, e pola coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.

«Destino», a peregrinación fotográfica de Manuel Valcárcel chega a Xinzo

A exposición poderá visitarse na Casa da Cultura de Xinzo de Limia entre o 18 de decembro e o 16 de xaneiro.

"Destino", a peregrinación fotográfica de Manuel Valcárcel chega a Xinzo
Foto: Afundación

A mostra reúne imaxes tomadas no Tíbet, Senegal, México e Galicia, catro peregrinacións que, segundo o autor, conflúen nun mesmo fío narrativo: unha procura interior e colectiva que percorre cuestións universais. A proposta, construída desde a fotografía documental, emprega a viaxe como metáfora dunha exploración humana compartida.

«Destino» forma parte da itinerancia do programa Corrente cultural, iniciativa coa que Afundación promove accións culturais en colaboración cos concellos e coa entidade financeira ABANCA. Grazas a este marco, a exposición continúa o seu percorrido por distintas localidades galegas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.