O concerto Será por Flores, que homenaxea os 40 anos de traxectoria de Uxía, chega este sábado 13 de decembro a Ribadavia, capital do Ribeiro.
Este evento promete encher o auditorio de música, complicidade e talento galego e internacional.
Uxía celebra en Ribadavia o seu concerto «Será por Flores»
A cita celebrarase ás 18:00 horas e reunirá sobre o escenario un elenco destacado de artistas convidados. Quim Fariña, As Mosas, Nuria Freiría, A Voz das Mouras e Marta Bravo, acompañarán a Uxía nesta celebración especial.

O concerto tamén contará coa estrea da contrabaixista cubana Yudit Almeida, que colaborará coa banda composta por Sérgio Tannus, Isaac Palacín e Santi Cribeiro, configurando así unha formación excepcional para esta ocasión única.
O evento conta co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadavia, que fan posible esta proposta cultural nun dos enclaves máis emblemáticos da provincia de Ourense.

