Noticias

O PSdeG acusa ao Concello de non pagar o alumeado de Nadal

A edil do PSdeG en Ourense, María Fernández Ojea, denunciou este martes que o Concello de Ourense mantén sen pagar o alumeado de Nadal do ano pasado.

Fernández advertiu de que o correspondente a este exercicio “tamén quedará sen aboar”.

O PSdeG acusa ao Concello de non pagar o alumeado de Nadal

Fíxoo durante o pleno extraordinario celebrado esta mañá, no que as concelleiras socialistas votaron en contra do levantamento do reparo á aprobación da factura da anualidade 2025 do contrato de subministración e instalación de elementos decorativos para o período 2024–2025.

O PSdeG acusa ao Concello de non pagar o alumeado de Nadal

Fernández Ojea asegurou que contratar servizos “a sabendas de que non se poden pagar” evidencia unha falta de capacidade política para xestionar o Concello. “Unha persoa que compra cousas sen poder pagalas debería pedir desculpas ou dimitir”, afirmou, en referencia ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

A representante socialista subliñou que o feito de que o goberno municipal recorra de forma habitual a contratacións sen crédito suficiente non implica que se trate dun procedemento de interese xeral nin habitual noutras administracións locais. “A primeira vez é un erro, a segunda un fallo de planificación, pero a terceira é porque che dá exactamente igual”, indicou. Fernández engadiu que sempre hai “quen tape as túas vergoñas”.

Publicaciones relacionadas

Na súa intervención, reclamou que se o executivo de Democracia Ourensana aposta polas verbenas e o alumeamento, polo menos respecte a legalidade e pague en tempo e forma. “Cando din vostedes que van abonar esta factura? Xa lles digo eu que non se paga neste exercicio”, apostilou.

Rexeitamento á nova ordenanza do lixo

Por outra banda, as edís do PSdeG tamén votaron en contra da aprobación provisional da ordenanza fiscal. Esta derroga a taxa pola recollida de lixo, reiterando o posicionamento que manteñen desde hai meses. Fernández Ojea advertiu de que a veciñanza pagará máis por un servizo que non vai mellorar. “Entendo que isto sexa culpa de Pedro Sánchez, como todo, pero é Gonzalo Pérez Jácome quen asina a ordenanza e o decreto”, ironizou.

Segundo explicou, a normativa estatal establece que quen contamina, paga, pero lembrou que outros gobernos municipais adaptaron as ordenanzas para evitar subidas indiscriminadas. Criticou ademais o cambio de postura do alcalde: “O que criticaba cando era oposición agora deféndeo con vehemencia desviando o foco”.

A socialista concluíu sinalando que o Concello subiu os recibos da auga e do lixo mentres ambos servizos están “en precario” e sen pagar ás empresas concesionarias. “Está a esixir á veciñanza que pague máis cando o Concello non paga o servizo”, rematou.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.