Noticias

A Xunta reforza o enoturismo ourensán con axudas europeas

A Xunta reforza o enoturismo na provincia de Ourense cunha visita institucional á Adega Vella Xeracións S.L., no concello da Teixeira.

Esta é unha das 20 empresas turísticas ourensás beneficiarias das axudas autonómicas para proxectos enogastronómicos.

A Xunta reforza o enoturismo ourensán con axudas europeas

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado polo alcalde Xosé Vázquez, comprobou esta mañá os avances dunha actuación. O proxecto conta con máis de 190.000 euros para a rehabilitación sustentable da adega e a implantación de experiencias virtuais de visita.

Estas axudas da Xunta están canalizadas a través da Axencia de Turismo de Galicia e cofinanciadas pola Unión Europea mediante os Fondos Next Generation. As mesmas, buscan embelezar establecementos turísticos, impulsar proxectos dixitais vinculados ao enoturismo e mellorar a capacidade de aloxamento asociada a este segmento.

A Xunta reforza o enoturismo ourensán con axudas europeas
Foto: Delegación da Xunta en Ourense

Durante a visita, Manuel Pardo destacou o potencial do enoturismo, unha modalidade en clara expansión a nivel internacional, e subliñou a oportunidade estratéxica para Ourense, pola súa riqueza patrimonial e polas catro denominacións de orixe. Segundo indicou, consolidar este modelo contribúe a fixar poboación, xerar riqueza e crear emprego cualificado no rural.

Publicaciones relacionadas

O delegado territorial lembrou que estas axudas se enmarcan na Estratexia de Turismo de Galicia 2030. Esta iniciativa persegue modernizar os establecementos turísticos, afondar na competitividade do sector e aproveitar o potencial turístico de forma sostible.

Tres liñas de actuación

Estas axudas estrutúrase en tres liñas. A primeira céntrase na adecuación e embelecemento de establecementos turísticos para poñer en valor servizos de enoturismo, como actividades de divulgación, elaboración e degustación de viños.

A segunda liña apoia proxectos dixitais que potencien os produtos vitivinícolas e gastronómicos e faciliten a visita mediante conectividade, aplicacións móbiles, realidade aumentada e virtual, visitas virtuais, xogos e contidos audiovisuais de calidade, así como ferramentas interactivas e accións de marketing turístico.

Por último, a terceira liña diríxese á ampliación e mellora da capacidade de aloxamento, con novas prazas inscritas no REAT, vinculadas a experiencias enogastronómicas: visitas en orixe, procesos de elaboración, showcooking, degustacións e catas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.