Noticias

Manuel Pardo destaca o labor da Asociación de Veciños do Couto

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o local da Asociación de Veciños do Couto para felicitar á entidade polo traballo que desenvolve a prol da solidariedade, o asociacionismo, a inclusión e a convivencia veciñal no barrio.

Durante a visita, Manuel Pardo puxo en valor o papel das asociacións veciñais como axentes clave da dinamización social e cultural no ámbito local.

Manuel Pardo destaca o labor da Asociación de Veciños do Couto

O delegado territorial subliñou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apoiando o asociacionismo veciñal, ao consideralo un instrumento fundamental para canalizar as demandas da cidadanía e promover iniciativas que redunden no benestar das persoas.

Manuel Pardo destaca o labor da Asociación de Veciños do Couto
Foto: Delegación da Xunta

Segundo explicou, estas entidades actúan como colectivos próximos á veciñanza, cun coñecemento directo das súas necesidades, o que lles permite impulsar actividades e proxectos con impacto real no día a día dos barrios.

No caso concreto da Asociación de Veciños do Couto, Manuel Pardo lembrou que a entidade recibiu unha achega de preto de 17.000 euros por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Estes fondos permitiron desenvolver actuacións orientadas a mellorar a accesibilidade do local, así como a implementar medidas que incrementan a eficiencia enerxética e a seguridade das instalacións.

As melloras executadas benefician directamente ás persoas usuarias da asociación e contribúen a facer do local un espazo máis seguro, eficiente e accesible, reforzando así o seu papel como punto de encontro e participación veciñal no barrio do Couto.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.