Noticias

O PP de Barbadás reclama un pleno urxente e a dimisión do alcalde

O PP de Barbadás reclamou a dimisión do alcalde tras a denuncia por presunto acoso laboral, ao considerar que a situación xerada no Concello provoca alarma social e deteriora a confianza da veciñanza na institución municipal.

Nun comunicado, os populares rexeitan as declaracións do PSOE de Ourense, ás que acusan de minimizar a gravidade dos feitos ocorridos no Concello de Barbadás.

O PP de Barbadás reclama un pleno urxente e a dimisión do alcalde

Segundo o PP, a resposta socialista non está á altura dunha situación que consideran “moi seria” e que afecta directamente ao funcionamento democrático da administración local.

O PP de Barbadás reclama un pleno urxente e a dimisión do alcalde

O grupo municipal popular subliña que a decisión do rexedor de abandonar o partido pero manter os cargos institucionais crea unha situación de ingobernabilidade, ao quedar o Concello nun escenario político “anómalo” e sen garantías de estabilidade.

Por este motivo, o PP de Barbadás esixe a convocatoria dun pleno extraordinario e urxente, no que o alcalde dea explicacións públicas sobre a denuncia presentada. Os populares consideran imprescindible que a cidadanía coñeza de primeira man a versión do rexedor e as consecuencias políticas do sucedido.

Ademais, a formación conservadora reclama a súa dimisión inmediata e a renuncia ás actas, ao entender que debe asumir as responsabilidades políticas derivadas da situación. Desde o PP insisten en que a prioridade debe ser “protexer a institución municipal e recuperar a confianza dos veciños”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.