O Concello de Ourense pon en marcha unha nova edición do Proxecto Convívere, unha iniciativa da Concellería de Igualdade e do Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM).
Este proxecto desenvolverase do 21 de xaneiro ao 27 de maio baixo o lema “Coexisten os obxectos, as persoas conviven!”.
Ourense impulsa o Proxecto Convívere 2026
O programa, dirixido a persoas maiores de 18 anos, ofrecerá obradoiros quincenais que se celebrarán os mércores, de 17:00 a 20:00 horas, nas instalacións do CIMM, situadas na rúa Vasco da Ponte, número 1, na cidade de Ourense.

Nesta edición, o Proxecto Convívere abordará cuestións vencelladas á identidade feminina, o amor, o climaterio, a vida en parella e a diversidade. A programación combinará sesións exclusivas para mulleres con outras de carácter mixto, favorecendo espazos de reflexión individual e colectiva.
As persoas interesadas poderán inscribirse no proxecto completo ou por meses, unha fórmula flexible pensada para facilitar a participación. Ademais, o Concello de Ourense ofrecerá un servizo de canguraxe, co obxectivo de eliminar barreiras e favorecer a conciliación familiar.
O prazo de inscricións permanecerá aberto ata o 19 de xaneiro, e as prazas son limitadas.

