Deportes

Allariz acolle un curso técnico de piragüismo

Allariz acolleu nos últimos días o curso de técnico asistente de piragüismo, unha acción formativa organizada pola Federación Galega de Piragüismo. Esta actividade reforza a cualificación técnica e impulsa o piragüismo de base en Ourense.

A formación desenvolveuse nas instalacións do Concello de Allariz e do Club Piragüismo Fluvial Allariz. A mesma, contou coa colaboración de ambas entidades e o patrocinio da Deputación Provincial de Ourense.

Allariz acolle un curso técnico de piragüismo

O curso enmárcase no compromiso da federación coa mellora da calidade do adestramento e coa creación dunha base sólida de técnicos cualificados na provincia.

Allariz acolle un curso técnico de piragüismo
Foto: FEGAPI

Trátase da primeira titulación federativa á que se pode acceder neste deporte e habilita para ensinar a práctica do piragüismo. Está orientada a persoas que desexan iniciarse como adestradores e desenvolver a súa labor en clubs deportivos, empresas de ocio e turismo activo, impartindo cursiños de iniciación, bautismos de piragüismo e actividades guiadas.

Ao curso asistiron 11 alumnos procedentes de distintos puntos da provincia de Ourense. Para acceder á formación era preciso ter máis de 16 anos, contar coa ESO ou estudos superiores e superar unha proba de acceso. Unha vez superado o curso e emitido o título pola Real Federación Española de Piragüismo, os participantes poderán exercer como técnicos en clubs e empresas de todo o territorio estatal.

Botón volver arriba