Noticias

Manuel Pardo preside a primeira comisión territorial do ano en Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presidiu esta mañá a primeira Comisión Territorial de Coordinación do ano 2025.

Neste encontro fixáronse as prioridades do Goberno galego para o primeiro trimestre e avaliouse o estado das principais actuacións na provincia.

Manuel Pardo preside a primeira comisión territorial do ano en Ourense

A reunión contou coa participación dos directores territoriais das distintas consellerías. A reunión celebrouse, por primeira vez, no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, un escenario simbólico para reforzar a coordinación institucional no ámbito territorial.

Manuel Pardo preside a primeira comisión territorial do ano en Ourense
Foto: Delegación da Xunta

Durante a sesión de traballo, Manuel Pardo realizou un repaso polo estado de tramitación dos proxectos estratéxicos que a Xunta está a impulsar na área territorial de Ourense, coa finalidade de axilizar procedementos e mellorar a resposta ás necesidades dos concellos.

O delegado territorial valorou de maneira moi positiva este tipo de encontros. Subliñou que “estas comisións permiten que a información flúa de forma máis dinámica e transversal entre os distintos departamentos, analizar conxuntamente a casuística dos concellos da provincia e atopar as mellores solucións”.

Desde a Delegación Territorial da Xunta destacan que estas comisións de coordinación resultan clave para reforzar a cooperación entre consellerías. Tamén melloran a planificación e garanten unha xestión máis eficiente das políticas autonómicas en Ourense.

Botón volver arriba