Noticias

O BNG celebra o pagamento das subvencións de 2022

O BNG amosou a súa satisfacción porque as entidades do terceiro sector beneficiarias de subvencións do Concello de Ourense no ano 2022 vaian cobrar finalmente estas axudas tras meses e mesmo anos de atraso.

A concelleira nacionalista Rhut Reza sinala que “aledámonos de que por fin as entidades ás que, por culpa dunha neglixente planificación orzamentaria por parte do Goberno local de Democracia Ourensana, se lles negou durante anos a subvención á que tiñan dereito, vaian finalmente recibir os cartos”.

O BNG celebra o pagamento das subvencións de 2022

Segundo lembra, será en 2026 cando perciban unha axuda correspondente a 2022 que “o Goberno de DO lles negou”.

O BNG celebra o pagamento das subvencións de 2022
Foto: BNG

Reza incide en que desde o BNG xa se denunciou esta situación en decembro de 2022, ao considerar “inxusto que, por falta de planificación, estas entidades quedaran sen cobrar”. A edil nacionalista subliña tamén o acompañamento do seu grupo municipal durante todo o proceso: “acompañamos ás entidades e á súa loita ao longo de todos estes anos para que puideran, por fin, cobrar esa subvención. Parabenizámolas pola súa loita incansable e pola súa constancia”.

Alerta polas subvencións de 2023 e 2024

Ao tempo, o Grupo municipal do BNG advirte de que o ocorrido coas subvencións de 2022 podería repetirse cos exercicios 2023 e 2024 se o Goberno local non modifica o seu proceder. Segundo explican, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte decretos de finais de decembro relativos ás convocatorias destes anos, que afectan a entidades ás que inicialmente non se lles concedeu a subvención por esgotamento do crédito.

Rhut Reza agarda que “desta volta, en canto as entidades presenten a documentación xustificativa requirida, para o cal teñen un mes, o Goberno local proceda ao pagamento das subvencións e non se vexan avocadas de novo, como coas de 2022, a ter que agardar anos para poder percibilas”.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.