Noticias

Constituído o CECOPI por preemerxencia invernal en Ourense

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, constitúe o CECOPI tras a declaración da Fase de Preemerxencia do Plan Invernal de Estradas na provincia, activada ante a previsión de nevadas e dificultades para a circulación.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presidiu este venres a constitución do Centro de Coordinación Operativa Integrada (CECOPI) con motivo da declaración da Fase de Preemerxencia do Plan Invernal de Estradas na provincia de Ourense.

Constituído o CECOPI por preemerxencia invernal en Ourense

A medida busca garantir a coordinación institucional e anticiparse a posibles incidencias na rede viaria estatal.

Constituído o CECOPI por preemerxencia invernal en Ourense
Foto: Subdelegación do Goberno

O CECOPI, con sede na Subdelegación do Goberno en Ourense, está integrado por representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Ourense, da Garda Civil e do seu Subsector de Tráfico, da Policía Nacional, da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e da Demarcación de Estradas. Na dirección do centro, o subdelegado conta coa asistencia da xefa da Unidade de Protección Civil, Mari Carmen Lodos.

Segundo o protocolo vixente, a Fase de Preemerxencia actívase cando a intensidade da nevarada fai prever dificultades para a circulación ou cando a presenza de neve ou xeo na calzada xa complica o tránsito nalgúns tramos da Rede de Estradas do Estado.

Neste contexto, a DGT estableceu restricións á circulación de vehículos pesados en varias vías da provincia, concretamente na A-52, AG-53, N-120, N-525 e N-541, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e facilitar os labores de mantemento e limpeza.

As autoridades recomendan extremar a precaución, informarse do estado das estradas antes de desprazarse e seguir as indicacións dos servizos de emerxencia e tráfico mentres se manteña activa esta fase do plan invernal.

Botón volver arriba