Sucesos

Sen feridos polo derrubamento dun muro en Barbadás

O tenente de alcalde de Barbadás, Daniel Rey, informou do derrubamento dun muro nunha urbanización privada ocorrido na mañá de hoxe no municipio.

Segundo explicou, non hai que lamentar danos persoais, xa que a situación foi controlada con rapidez pola empresa responsable da urbanización, en coordinación coa Policía Local e Protección Civil.

Sen feridos polo derrubamento dun muro en Barbadás

A primeira valoración dos feitos confirma que se activaron de inmediato as medidas de seguridade necesarias para garantir a protección da veciñanza e evitar riscos adicionais na zona afectada. Daniel Rey sinalou que se desprazou persoalmente ao lugar do suceso “para atender aos veciños e veciñas no caso de que fose necesario”.

Sen feridos polo derrubamento dun muro en Barbadás
Foto: Daniel Rey

Como consecuencia do incidente, a circulación permanece restrinxida no ámbito da urbanización, mentres operarios especializados xa están a traballar para resolver a situación no menor tempo posible e restablecer a normalidade.

Vídeo: @danielreybarbadas

Botón volver arriba