Eventos

Champi Muros dará o sermón do Entroido de Frei Canedo

O Entroido de Frei Canedo da Ponte contará este ano cunha mensaxe especial e moi esperada, o sermón, que correrá a cargo de Champi Muros, creador de contido e figura coñecida no ámbito das redes sociais

Esta cita do Entroido de Frei Canedo da Ponte será o luns 16 de febreiro, cando Champi Muros convidará á veciñanza a reunirse con todos e todas para escoitar un sermón que promete sátira, retranca e identidade popular.

Champi Muros dará o sermón do Entroido de Frei Canedo

O acto dará comezo a partir das 19:30 horas e terá lugar dende a Cafetería Don Gaetano, punto de encontro habitual destas celebracións.

Champi Muros dará o sermón do Entroido de Frei Canedo
Champi Muros

Dende a organización destacan que este sermón marca o inicio simbólico do Entroido e serve como chamamento á participación colectiva, mantendo viva unha tradición que combina crítica social, humor e convivencia veciñal.

O convite está aberto a toda a cidadanía, que poderá gozar dun dos momentos máis singulares do Entroido local nun ambiente festivo e participativo.

Botón volver arriba