A programación do Entroido de Frei Canedo volverá encher de festa o barrio da Ponte, en Ourense, entre os días 12 e 16 de febreiro.
Será cun conxunto de actividades que combinan tradición, humor, participación veciñal e música en directo.
Programa do Entroido de Frei Canedo da Ponte 2026
O programa inclúe citas gastronómicas, propostas para a infancia, actos solemnes e grandes bailes de disfraces, consolidando esta celebración como unha das máis singulares do Entroido ourensán.

O inicio da festa chegará o xoves 12 de febreiro, co Xoves de Comadres, unha das xornadas máis populares do calendario. A cea de comadres, prevista para as 21:30 h na carpa do parque da Ribeira de Canedo, esixirá acudir con disfrace feminino. Esa noite prolongarase cun baile de disfraces, desde as 23:00 h, animado por dúo musical e DJ.
A música será a protagonista o venres 13 de febreiro, cunha festa DJ que reunirá a varios dos DJ máis coñecidos da cidade e do barrio da Ponte, a partir das 22:00 h.
O sábado 14 de febreiro estará marcado pola animación nas rúas e polos bailes de disfraces. Pola mañá, ás 12:00 h, celebrarase un pasarrúas a cargo de Cantares da Cunha polo barrio. Pola tarde haberá baile de disfraces infantil, ás 18:00 h, seguido dun baile de disfraces con DJ, ás 21:00 h, e dunha verbena coa orquestra La Noria, desde as 23:00 h.
O domingo 15 de febreiro dedicarase ás familias co Día das Crianzas, cun programa continuo desde as 11:00 h con xogos populares, inchables e talleres de maquillaxe. Durante a xornada tamén se desenvolverá un obradoiro de elaboración de queixos para os máis pequenos, entre as 11:00 e as 19:00 h. Non faltará a sesión vermú con discomóbil, ás 12:00 h, nin o xantar popular, ás 13:30 h, con polbo, carne ao caldeiro, empanada, pan e viño. A tarde pecharase cun espectáculo infantil con agasallos, ás 19:30 h, e co concerto do grupo local Santa Compaña, ás 22:00 h.
Día grande de Frei Canedo
O luns 16 de febreiro, Día Grande de Frei Canedo, concentrará os actos máis simbólicos. Pola mañá, ás 12:00 h, haberá un pasarrúas de Aperta Percusión polo barrio. Xa pola tarde, ás 18:30 h, celebrarase a xuntanza de cofrades e cofradesas arredor da capela e, a partir das 19:30 h, comezarán os solemnes actos, coa purificación do lugar co potafumeiro, a bendición da súa Santidade, un sermón a cargo de Champi Muros, un influencer moi recoñecido, e a bendición dos novos cofrades e cofradesas.
A solemne procesión sairá ás 20:00 h polas rúas da Ponte. Ás 21:30 h terá lugar a entrega de premios dos concursos de comparsas, escaparates e cartel oficial. A xornada culminará coa cea para cofrades e amizades, ás 22:00 h, música en directo con DJ desde as 22:15 h, un folión de fogos de artificio, ás 23:55 h, e o baile de disfraces coa orquestra Solara, a partir das 24:00 h.
Programa detallado de Frei Canedo da Ponte 2026
Xoves, 12 de febreiro · Xoves de Comadres
- Cea de comadres
21:30 h · Carpa do parque da Ribeira de Canedo
Imprescindible acudir con disfrace feminino - Baile de disfraces con dúo musical e DJ
23:00 h · Carpa do parque da Ribeira de Canedo
Venres, 13 de febreiro
- Festa DJ con DJ recoñecidos da cidade e do barrio da Ponte
A partir das 22:00 h
Sábado, 14 de febreiro
- Pasarrúas a cargo de Cantares da Cunha
12:00 h · Polo barrio da Ponte - Baile de disfraces infantil
18:00 h - Baile de disfraces amenizado por DJ
21:00 h - Baile de disfraces coa orquestra La Noria
23:00 h
Domingo, 15 de febreiro · Día das Crianzas
- Xogos populares, inchables e talleres de maquillaxe
A partir das 11:00 h, durante todo o día - Obradoiro de elaboración de queixos
De 11:00 a 19:00 h - Sesión vermú con discomóbil
12:00 h - Xantar popular
13:30 h · Polbo, carne ao caldeiro, empanada, pan e viño - Espectáculo infantil e agasallos
19:30 h - Concerto do grupo local Santa Compaña
22:00 h
Luns, 16 de febreiro · Día Grande de Frei Canedo
- Pasarrúas a cargo de Aperta Percusión
12:00 h · Polo barrio da Ponte - Xuntanza de cofrades e cofradesas
18:30 h · Arredor da capela - Solemnes actos
19:30 h - Solemne procesión
20:00 h · Polas rúas da Ponte - Entrega de premios (comparsas, escaparates e cartel oficial)
21:30 h - Cea para cofrades e amizades
22:00 h - Música en directo con DJ
22:15 h - Folión de fogos de artificio
23:55 h - Baile de disfraces coa orquestra Solara
24:00 h


Un comentario