Noticias

O PSdeG reclama melloras nos parques de Barbadás

O PSdeG-PSOE de Barbadás vén de presentar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal na que insta ao goberno local a activar proxectos e iniciativas para a reforma de varios parques infantís e zonas recreativas do concello.

A proposta céntrase nos parques da contorna da igrexa de Piñor, do Fidalguiño en Sobrado e na zona infantil e deportiva de Loiro.

O PSdeG reclama melloras nos parques de Barbadás

As concelleiras socialistas explican que o obxectivo principal “é que estes lugares de xogo sexan mellorados substancialmente”. Esta mellora sería a partir das propostas formuladas polo PSOE tras un traballo previo de gobernanza realizado nos últimos anos.

O PSdeG reclama melloras nos parques de Barbadás
Concelleiras socialistas de Barbadás

O grupo municipal tamén reclama ao executivo local que busque financiamento específico para acometer estas actuacións. Ao mesmo tempo, solicita que habilite partidas orzamentarias propias para garantir a súa execución.

Entre as demandas concretas, o PSdeG-PSOE solicita que se formigone a zona deportiva de Loiro, situada a carón do antigo teleclube. Tamén solicitan a reforma do parque do tanatorio de Piñor, unha actuación que xa figuraba no anexo de investimentos dos orzamentos municipais de 2025. A moción inclúe tamén a mellora da contorna do cruceiro de Zama e da súa zona de esparexemento.

A voceira socialista, Victoria Morenza Doforno, subliña que as zonas recreativas de ocio infantilson fundamentais para que as crianzas desfruten socializando con outros nenos e outras nenas, potenciando a creatividade e a psicomotricidade”. Neste senso, lembra que en Barbadás “hai varios parques infantís que poden mellorar as súas prestacións a través de reformas que abranguen aos peches do perímetro, ao chan e aos elementos de xogo”.

Segundo Morenza Doforno, “a finalidade da proposta é que estas zonas recreativas volvan converterse en punto de encontro fundamental para as familias e para a convivencia veciñal”. A edil socialista engade que as melloras propostas buscan transformar estes espazos en áreas lúdicas modernas, cómodas e inclusivas. Estes espazos estarían adaptados aos estándares actuais e pensados para todas as crianzas, con independencia das súas capacidades.

Parque do Fidalguiño

No caso do parque do Fidalguiño, as concelleiras destacan que a súa rehabilitación como parque infantil inclusivoxa conta cun proxecto técnico con varias melloras”. Sobre o parque infantil de Loiro, lembran que nos últimos meses “se realizaron visitas de comprobación para proceder á cuantificación económica, co apoio de técnicos especialistas en zonas de ocio”.

Especial preocupación amosa o grupo socialista polo estado da zona deportiva de Loiro, que consideran que “precisa con urxencia unha intervención”. Tal e como sinalan as edís do PSOE, “o estado actual, con lama e malas herbas, impide por completo a práctica de calquera deporte”.

Finalmente, sobre o parque da igrexa de Piñor, o PSdeG-PSOE lembra que a intervención xa podería terse executado. Este proxecto xa estaba recollido nos investimentos de 2025. Morenza reclama tamén que se poña en valor o cruceiro de Zama, definido como “un elemento histórico e de gran valor patrimonial, cultural e turístico do concello”.

Botón volver arriba