As obras de mellora na rúa Pena Trevinca, en Ourense, obrigan a modificar desde agora e ata novo aviso os percorridos das liñas 6, 11 e 13 do transporte urbano, segundo informa o Concello.
A actuación céntrase no tramo comprendido entre as rúas Serra de Queixa e Monte Seixo, o que afecta á circulación habitual dos autobuses.
Ourense modifica os itinerarios das liñas 6, 11 e 13 polo avance das obras en Pena Trevinca
Co obxectivo de garantir a mobilidade das persoas usuarias, o Servizo de Transporte Urbano estableceu itinerarios alternativos en ambos sentidos de circulación para as liñas afectadas.

1 – Cambios na liña 6 (Antiga Estación de Autobuses – As Curuxeiras)
- Sentido As Curuxeiras: o traxecto realizarase pola rúa Emilia Pardo Bazán, con desvío pola rúa Serra Martiñá, San Mamede e Ramón Puga.
- Sentido Antiga Estación: desde Ramón Puga, circulará por Serra Martiñá, rúa da Granxa e retomará o percorrido por Emilia Pardo Bazán.
2 – Cambios na liña 11 (Santa Mariña – O Viso)
- Sentido Santa Mariña: manterá o paso pola rúa Pena Trevinca ata Serra de Queixa, onde se habilitará unha parada provisional no cruce coa rúa Monte Medo, para continuar pola rúa da Granxa.
- Sentido O Viso: o itinerario discorrerá pola rúa da Granxa, Serra Martiñá, San Mamede, José Cornide, Nosa Señora da Saínza e rúa da Coruña.
3 – Cambios na liña 13 (Universidade Laboral – A Cuña – Palmés)
- Sentido Berrocás – A Cuña (Universidade Laboral): o desvío efectuarase desde Emilia Pardo Bazán cara á rúa da Granxa e a rúa dos Berrocás.
- Sentido Palmés: desde Ramón Puga, o servizo circulará por San Mamede, Serra Martiñá e rúa da Granxa, ata reincorporarse a Emilia Pardo Bazán.
Desde o Concello de Ourense indícase ademais que, mentres duren as obras, os autobuses destas liñas realizarán tamén as paradas correspondentes a outras liñas que se atopen incluídas nos novos percorridos alternativos.

