Noticias

O BNG planta ao Goberno local por perder fondos europeos

Ourense, Pleno extraordinario e fondos Next Generation centran unha nova polémica no Concello tras a convocatoria dun Pleno extraordinario apenas dúas horas antes da súa celebración, este sábado.

O obxectivo do mesmo era levantar reparos suspensivos da Intervención Xeral a varias facturas de obras en execución e financiadas con fondos Next Generation.

O BNG planta ao Goberno local por perder fondos europeos

Segundo expuxo o Grupo municipal do BNG, as certificacións afectadas corresponden, entre outras actuacións, ao elevador da avenida de Marín, o aparcadoiro do Coto de Canedo ou as reformas da avenida de Portugal e da rúa Alejandro Pedrosa.

O BNG planta ao Goberno local por perder fondos europeos
Foto: BNG

Trátase de facturas que deberían terse abonado antes do 30 de decembro de 2025 para garantir o cofinanciamento europeo, un prazo xa superado, polo que as achegas están, segundo os nacionalistas, definitivamente perdidas.

O concelleiro Xosé Manuel Puga cualificou a situación como unha mostra clara de desorde na xestión municipal e afirmou que a convocatoria do Pleno “demostra o terrible descontrol que hai neste Concello, un Concello totalmente á deriva”. Na súa opinión, o obxectivo do Goberno local foi “tratar de xustificar diante da cidadanía a súa incapacidade” e desviar responsabilidades pola posible perda de 830.000 euros en fondos europeos.

Publicaciones relacionadas

Ausentarse do pleno

Puga deixou claro que o BNG decidiu ausentarse do Pleno para non avalar o procedemento impulsado polo alcalde. “Non estamos dispostos a caer nesa maraña que quere tender o Alcalde. Pretende botarnos as culpas aos demais da súa incapacidade para xestionar o Concello de Ourense”, sinalou, asegurando que o BNG actúa como “dique de contención a este xeito de gobernar”.

O edil nacionalista insistiu en que a formación non aceptará ser cómplice dunha estratexia que busque xustificar futuras perdas de financiamento europeo. “Non imos ser os seus tontos útiles nin permitir que no futuro se cargue nos demais a responsabilidade dunha xestión que é exclusivamente súa”, declarou.

Desde o BNG tamén explican que a urxencia do Pleno vén determinada polo feito de que, a 31 de xaneiro, as empresas que executan as obras aínda non cobraron, o que sitúa ao Goberno de Jácome baixo unha forte presión.

Finalmente, o Grupo municipal lembra que este procedemento reproduce situacións anteriores que xa derivaron na perda total de subvencións, como ocorreu coa Praza de Abastos número 1, así como con actuacións máis recentes na Praza da Trinidade ou na rehabilitación da Cadea Vella da rúa do Progreso. O expediente saíu adiante nesta ocasión grazas á abstención do PP e do PSdeG-PSOE.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.