Noticias

Ourense presenta o Plan Rexurbe ao pleno municipal

O Plan de Dinamización da área Rexurbe Ourense foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello aos grupos políticos municipais, nun encontro no que participaron o concelleiro de Urbanismo, Francisco Lorenzo, e representantes do PP, PsdeG-PSOE e BNG.

Francisco Lorenzo, acompañado de técnicos municipais da Área de Urbanismo e PERI e de representantes da empresa redactora, expuxo as liñas de traballo e proxectos previstos no documento.

Ourense presenta o Plan Rexurbe ao pleno municipal

O plan toma como base a proposta de actuación que sustentou a declaración do ámbito Rexurbe, coa delimitación, a normativa de aplicación e os indicadores de degradación arquitectónica, urbanística e ambiental, xunto coa análise demográfica e socioeconómica do conxunto histórico.

Ourense presenta o Plan Rexurbe ao pleno municipal

O documento fixa obxectivos principais e secundarios, define liñas estratéxicas e detalla cada actuación, coa súa vinculación estratéxica, cronograma e memoria de viabilidade. Trátase dun plan ambicioso, elaborado segundo as directrices do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que incorpora medidas arquitectónicas e urbanísticas, pero tamén económicas e sociais, co foco no máximo aproveitamento das axudas dispoñibles e nas cautelas derivadas do estudo de viabilidade.

As actuacións organízanse en tres liñas estratéxicas: ámbito arquitectónico, urbanístico ou ambiental, ámbito económico e ámbito social, cunha visión integral. No primeiro eixe, proponse adaptar as ferramentas de xestión urbanística mediante a revisión da normativa vixente, transformar a oficina do ARI nun centro Rexurbe integrado nos servizos municipais e recuperar edificacións con valor patrimonial para mellorar o tecido residencial. Tamén se inclúe a creación de dotacións, como a ampliación do edificio de Urbanismo, e o impulso da rehabilitación do antigo cárcere e dos baños de Outeiro.

Publicaciones relacionadas

Mellora ambiental

O plan aposta pola mellora ambiental e renovación do espazo público, coa modernización da rede de saneamento do centro histórico, a introdución de infraestrutura verde e a recuperación ambiental da contorna do río Barbaña. En accesibilidade e mobilidade, prevé actuacións de humanización e solucións de accesibilidade vertical na rúa Coenga, así como melloras na contorna das Burgas, a rúa do Progreso e a Praza de Abastos.

No eido económico e social, recóllense axudas para o establecemento de empresas e creación de emprego, iniciativas para reforzar a vinculación coa cultura termal urbana, coa auga como elemento conector, e propostas para ampliar a oferta de equipamentos de proximidade e potenciar os existentes.

O documento foi remitido en xaneiro ao IGVS para a emisión do informe preceptivo, paso previo á súa aprobación polo Concello, conforme ao artigo 60 da Lei 1/2019, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.